ENTREGA DOS TRABALLOS

Desde hoxe están habilitado o prazo oficial e por fin podemos entregar os traballos seleccionados en cada centro para participar no VIII CERTAME CARMELA LOUREIRO.
Seguindo as bases… 
Os traballos seleccionados en cada centro educativo deberán remitirse ó Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, a través do Portal do Cidadán na Sede Electrónica do Concello https://www.ferrol.gal/Sede ou ben presencialmente a través do Rexistro Xeral do Concello ou a través das restantes oficinas ás que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Para que se poda levar a cabo a edición do libro e a entrega de premios compre que a entrega dos traballos sexa nos vindeiros 7 días, até o 27 de abril inclusive.